Panel informativo sobre Horticultura Ecolóxica

A asociación Agarimo ven de celebrar o pasado venres 2 de marzo un panel informativo sobre o proxecto en emprendemento en agricultura ecolóxica que a entidade realiza durante este ano no marco do programa de integrado de emprego.

Nesta actividade afondouse nas posibilidades de saída laboral que un sector en auxe como o da horticultura ofrece para as e os desempregados, potenciando o autoemprego e outras fórmulas de inserción vinculadas a produción primaria.

O crecemento da superficie destinada a agricultura en Galicia, as diferentes ferramentas a disposición das e dos empregados agrícolas, ou o réxime de traballo, foron algúns dos temas abordados durante a mañá a partir das experiencias vivencias de Iago Domínguez, profesional con máis de nove anos no sector que exercerá técnico agrícola no proxecto.

A charla finalizou cun saúdo a cargo de Francisco Amaro, en nome da dirección do programa integrado.