Realizados con éxito os primeiros módulos de formación transversal

Durante os meses de marzo e abril 85 mozas e mozas menores de 30 anos iniciaron as primeiras actividades do programa integrado para o emprego Agarimo: Porta de Entrada (II) dirixidas á mellora das empregabilidade do conxunto de participantes a través da adquisición de certas competencias básicas para o acceso ao mercado laboral.

Os obradoiros titulados “A procura de emprego: preparando o terreo para traballar” tiveron como obxectivo dotar ás e aos alumnos das ferramentas necesarias para rentabilizar o seu esforzo cara a inserción laboral. Ao longo de catro sesións traballáronse as técnicas de elaboración de curriculum, a participación en procesos selectivos, o emprego 2.0 a partir do uso de redes sociais e portais de emprego, así como unha sesión inicial de coaching para o autocoñecemento.

No mesmo sentido realizáronse os talleres de “alfabetización informática e internet” dirixidos a aquelas persoas que, por motivos formativos ou doutra índole, tiñan carencias no uso normalizado das novas técnoloxías aplicadas ao ámbito profesional. Nas catro xornadas de aprendizaxe do curso abordaron as nocións básicas sobre uso e funcionamento dunha computadora, manexo de programas de ofimática, internet e aplicacións na rede.

Co fin de facilitar a participación dos participantes do programa, estas actividades tiveron lugar de xeito simultáneo entre as localidades de Arteixo e Carballo.