Finalizada a acción formativa de limpeza

O pasado 12 de abril finalizou a formación teórica da acción “limpeza industrial: oficinas e despachos“, grazas á cal 14 homes e mulleres puideron mellorar a súa cualificación profesional en liña cos obxectivos do programa integrado para o emprego Agarimo: Porta de Entrada (II).

Neste curso abordáronse as principais técnicas e materiais utilizados no sector, os diferentes tratamento aplicados ao mobiliario e superficies, a mellora das aptitudes cara o emprego, así como as nocións básicas sobre seguridade e prevención de riscos no traballo.

Durante as 56 horas de docencia as e os participantes adquiriron os coñecementos e habilidades para se converter en profesionais da limpeza, cun primeiro paso nas prácticas que se desenvolverán en colaboración con EULEN-FLEXIPLAN durante as vindeiras semanas.