Finalizada a acción formativa de carpintaría

Este 16 de abril deuse por concluída a docencia teórica da acción formativa de “axudante de taller de carpintaría” como paso previo ao período de prácticas profesionais que as e os alumnos realizarán en distintas empresas do sector.

Durante as 104 horas de formación teórico-práctica os participantes puideron adquirir os coñecementos acerca dos materiais e usos comerciais da madeira, dos utensilios e maquinaria utilizados  profesionalmente, así como as técnicas básicas para o tratamento da madeira e mobles: ensamblado, lixado, barnizado, atornillado e embalado.

Esta actividade enmarcouse dentro das diferentes actuación levadas a cabo no programa integrado para o emprego Agarimo: Porta de Entrada (II).