Arrancan os cursos de camareiro, carpinteria, limpeza e operario polivalente de vendas

Na Asociación Agarimo estreamos o mes de abril co inicio de algunhas das accións previstas dentro do Programa Integrado de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Así o 1 d abril darán comezo os cursos de axudante de camareiro, auxiliar de carpinteria, limpeza e operario polivalente de vendas (OPV) aos que seguirán moitos outros en datas posteriores.

O curso de limpeza, con 50 horas teóricas e 50 prácticas, terá unha duración de 4 horas diarias de luns a venres, con horario de 15.30 a 19.30 horas.

Carpintería constará de 150 horas teóricas e 15 prácticas, con 5 horas ao día de 15.30 a 20.30 horas de luns a venres.

Operario polivalente de vendas terá un total de 44 horas teóricas e 50 prácticas desenvolvéndose en 3 horas diarias entre as 15.30 e as 18.30 horas.

O curso de camareiro/a contará con 75 horas teóricas e 100 horas prácticas en horario tamén de luns a venres e 3 horas diarias: de 15.30 a 18.30 horas.

Por último, os cursos de camareiro/a e Operario Polivalente de Vendas, se completarán cos módulos de Inglés para atención ao cliente, Atención ao Cliente e Almacén, para así mellorar as opcións de seren contratados nunhas profesións nas que hai moitos demandantes de traballo.