Empleo

AGARIMO: PORTA DE ENTRADA (II) nace como unha iniciativa de carácter multisectorial desenvolvida ao abeiro da convocatoria de Programas Integrados de Emprego para os anos 2017 e 2018 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Un programa dirixido a mozas e mozos menores de 30 anos de baixa cualificación no ámbito dos concellos de Arteixo, A Coruña e Carballo, co fin da mellora da súa capacitación profesional, o asesoramento sociolaboral e a súa inserción no mercado de traballo.

Ao longo dun ano as persoas participantes traballarán e perfeccionarán as súas habilidades e competencias a través de obradoiros, cursos e atencións individualizadas para a promoción do emprego e autoemprego.

Unha oportunidade para de mellora da empregabilidade través de diferentes actuacións a desenvolver pola asociación, como:

  1. Información, orientación e asesoramento individual e grupal.
  2. Formación transversal en idiomas, competencias dixitais para o emprego, prevención de riscos, relacións laborais. etc.
  3. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  4. Habilidades sociolaborais e obradoiros entrevista.
  5. Fomento da capacidade emprendedora.
  6. Asesoramento sobre recursos para a mobilidade laboral.
  7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
  8. Formación para o emprego a partir de itinerarios profesionais individualizados.
  9. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas.