Teléfono: 981 600 687

NOSOTROS

Acerca de nosotros.

Na actualidade, existe unha grande porcentaxe de alumnos que abandonan os estudos para incorporarse ó mundo laboral. Os motivos deste abandono van dende a desmotivación ata a incapacidade dalgúns centros educativos de facer fronte ás necesidades que presentan os estudantes.

 

Co fin de evitar isto, dende o CPR AGARIMO traballamos día a día para evitalo.

 

No noso Centro ten cabida todo tipo de alumnado: con problemas de conduta, de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, con historiais de expulsións doutros Centros, situacións familiares problemáticas, problemas de actitude, en risco de exclusión social, inmigrantes...

 

Na maioría das ocasións, dadas as características que presentan estes alumnos, os centros da zona e Inspección Educativa derívanos a Agarimo porque saben que somos a derradeira oportunidade que teñen de prosperar na sociedade.

 

Pero a cuestión máis importante é: Por qué é necesario o Centro AGARIMO? Porque presenta unhas características que o fai único en toda a Comunidade Autónoma de Galicia:

 

  • Impartimos Programas de Formación Profesional Básica, o que favorece a correcta atención do alumnado ó tratarse de grupos de máximo 20 alumnos por aula. Estes programas propician a evolución positiva tanto a nivel persoal como académico dos estudantes, xa que, ademais de adquirir novos coñecementos, desenvolven as capacidades necesarias para incorporarse ó ámbito laboral.
  • Impártese a Educación Secundaria Obrigatoria para Adultos, o que permite ás persoas maiores de 18 anos cursar os estudos necesarios para a obtención do graduado en Educación Secundaria.
  • Dispoñemos dunha Aula Específica, onde os mestres de pedagoxía terapéutica preparan ós estudantes con Necesidades Educativas Especiais para a transición á vida adulta.
  • A cada aula, tanto dos programas de formación profesional básica como da ESA (Educación Secundaria para Adultos), ademais do profesor titular da materia, acudirá un mestre de pedagoxía terapépara poder aportar unha atención e un apoio individualizado ós alumnos que o precisen. Os alumnos reciben apoio tanto dentro como fóra da aula co fin de dar solución ás súas necesidades dunha forma máis axeitada.

EL PADRE VILLA

Nuestro fundador

Padre Nemesio Fernández Villa - Fundador

El Padre Nemesio Fernández Villa, (1929-2008) Capuchino es el fundador de la Ciudad de los Muchachos Agarimo.

En su obra, en esta vida, predicaba en la Iglesia de los Capuchinos (A Coruña), refundó el Portiño y una vez creada la Asociación Agarimo, empezó en 1976 acciones educativas en lo que hoy llamamos "Centro Con Hogares Ciudad de los Muchachos Agarimo"